O
mércores 26 de novembro tivemos a primeira sesión de cine acompañados
polo noso cineasta, Ángel Santos Touza. Foi xenial. Queremos compartir
convosco as experiencias desta interesante xornada.
Primeiro visionamos algúns dos nosos travellings e diarios de espazos
e tamén fragmentos de autor/a. Neste exemplo que vos amosamos de
seguido, establecimos similitudes entre Diary de Perlov e o diario dos espazos de Sheyla, dende a ventá da súa habitación.
Visionamos Diary, de Perlov
Fixámonos en como grava e que di.
Grava o que se ve dende a súa ventá. Podes gravar nun mesmo sitio a
distintas horas. Os créditos son sinxelos. Debemos evitar engadir música
nos créditos, con escribir ou unha voz en off é suficiente.
Diario de espazos, de Sheyla
Sheyla puido tomar a decisión, como Perlov, de gravar dende a súa
ventá pero máis atrás, véndose o marco da ventá. Tomou a decisión de que
non se vise o marco.
“Era un plano máis longo pero corteino, quería que aparecese o movemento, os coches que pasaban”. (Sheyla)
Sería interesante que Sheyla gravase un texto como o de Perlov que acompañe ó seu diario.
Fotograma do diario dos espazos de Sheyla
Ángel deunos uns CONSELLOS PARA RODAR que nos están sendo moi útiles:
- Gravar con intención: que queremos gravar, onde, a que hora, como… Nos travellings pensar previamente onde empezar e onde terminar.
- Sempre é mellor rexistrar o son do lugar que engadir música despois na montaxe. Así os sons poden falarnos dese espazo ou outros espazos cercanos.
- Se gravamos moito, logo facer unha selección da parte que nos interese.
- É interesante levar sempre a cámara con nós por se atopamos algo que nos chame a atención. Se non a levamos, podemos quedarnos coa idea do plano e volver outro día para grabalo.
- Podemos gravar os créditos con voz en off indicando lugar, hora, inspiración, sensacións…
Despois chegou o momento máis divertido, rodar o diario de
espazos do colexio. Organizámonos por grupos porque somos 25 alumnos/as
en 5º.
Rodamos dende o noso colexio ou en espazos que están próximos ó
mesmo: a carballeira de Franco, na pasarela da Cruz pola que moitos
alumnos/as chegan ó colexio e na praia de Rodeira.
Mentres uns rodabamos acompañados de Ángel ou das profes Rosana, May e
Ana, o resto do grupo fixo actividades paralelas na aula: comentar os
travellings de Pol e Bruno da Escola de Bordils (fixemos un comentario
no blog), ver e comentar os diarios de espazos que os nosos
compañeiros/as ían facendo, gravar o audio dos créditos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario