domingo, 1 de marzo de 2015

Planos do mundo (I)

Aquí vos deixamos os planos do mundo que rodamos preto do colexio. Fainos moita ilusión velos editados e publicados :-)
Seguiremos amosándovos os nosos progresos en futuras entradas. Un cinesaúdo a todos e todas!

A PASARELA DA CRUZ


Dende a pasarela da Cruz. Eran as dúas e cuarto da tarde. Algúnsa pasamos por ela para chegar a nosa escola. Gustounos a cor das nubes.

O PATIO

Recreo de Infantil. Rodamos como Guerin en Guest.

O TIRAMILLAS


Praia de Rodeira. Pasaba da unha da tarde. Un paxariño sorprendeunos.

OLLANDO CARA O MAR


Paseando pola praia. Mediodía.

OS EUCALIPTOS


Doce do mediodía, mércores. Íamos camiñando, ollamos cara arriba e atopamos un bo encadre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario