domingo, 1 de marzo de 2015

Os alumnos/as de 5º do CEIP A Rúa participamos en "Cine en curso"

Ola a todos e todas.
Somos os nenos e nenas de 5º de Primaria do colexio A Rúa de Cangas de Morrazo. Vivimos nunha vila a carón do mar, moi tranquila e bastante poboada. Tamén hai parques nos que xogamos e praias espectaculares. E non podemos esquecernos do marabilloso Parque Natural das Illas Atlánticas, coa praia máis fermosa do mundo, chamada “Rodas”.


Estamos moi ilusionados e emocionados por participar no programa de Cine en curso. Desde que nos deron a noticia, estamos moi nerviosos e ansiosos porque imos rodar un documental.
Sabemos que este proxecto vainos dar moito traballo pero intentaremos facelo tan ben coma os nenos do curso pasado.
A maioría de nós xa filmou os seus primeiros planos do mundo. Fixemos un diario dos espazos que están preto do colexio, acompañados do cineasta Ángel Santos Touza e as nosas profesoras.

Filmando o que vemos desde unha ventá do colexio
Filmando acompañados por Ángel Santos
Filmando acompañados por Ángel Santos
Imos facer o noso documental sobre a migración. Conversaremos con persoas que tiveron que emigrar por problemas económicos ou outras razóns. Tamén falaremos con persoas que viñeron doutros lugares a vivir a Cangas. Esperamos facer o noso documental o mellor posible para que vos guste.

Un cineasaúdo do CEIP A Rúa para todos os coles!!
(Texto colectivo elaborado por consenso por todo o grupo-clase)

No hay comentarios:

Publicar un comentario