Este curso embarcámonos nunha gran viaxe. Fixemos varias rutas para descubrir lugares impresionantes.....Os nenos de Infantil atracamos os nosos barcos na ría para poder coñecer a un escritor da nosa vila de Cangas....OLI. Decidimos ir buscar os seus libros á nosa Biblio. Realizamos varias actividades relacionadas cos seus contos (actividade que se pode ver nunha entrada anterior neste mismo blog).
Como lles gustou tanto o PIRATA PATA DE LATA, non dubidamos en poñer pano na cabeza e con gañas de buscar tesouros, organizamos un xogo de busca de tesouros coa axuda da nosa mestra de psicomotricidade convertimos o ximnasio nunha ruta moi aventureira, na que cada tripulación debería ir na procura dos tesouros de OLI.
De estación en estación, entonando a nosa canción favorita TODOS SOMOS CAPITÁNS, do conto A Nena e o grilo nun barquiño de Magín Blanco, realizamos a seguinte ruta... OLLADE!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario