jueves, 25 de junio de 2015

As nosas viaxes

Este curso presentouse moi viaxeiro e nós (os alumnos e alumnas de 4º curso de educación infantil do CEIP A Rúa) que somos moi aventureiros non quixemos perder oportunidade para gozar e descubrir lugares e cousiñas moi interesantes con cada parada realizada.   De seguido, vos amosamos a nosa destreza e curiosidade cos medios audiovisuais que nos axudaron a investigar, retratar e compartir o mellor  desta viaxe ó longo do curso.

- EMPREGAMOS  A WEB PARA A BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN....

Na nosa "viaxe a Italia" quixemos descubrir como é o Coliseo do que nos falou a nosa compañeira que visitou Italia cos seus pais.
Puidemos velo por dentro e por fora. Os nenos comentaban: "o vello que é, que ten moitas ventás e portas. Unha parte está derrumbada....por dentro ten moitos arcos, é redondo...".

Posteriormente, o representaron graficamente.





E así de logrado quedou o noso Coliseo.
...............................................................................................................................................



Nova parada para coñecer Asturias da man dun compañeiro que a coñece moi ben.
Queremos averiguar como podemos ir dende Cangas a Asturias.


Na imaxe apreciamos o mapa no que este neno localiza perfectamente Asturias.



 Non dubida en ensinarlle ós compañeiros a ruta que realizou en coche cos seus pais para chegar o seu destino.







A continuación, os nenos representan o percorrido que lles amosou o compañeiro.

Parece que lles quedou claro que Asturias está bastante máis arriba que Cangas. De aí, as subidas que se aprecian en cada debuxo.
















Ademáis este compañeiro nos fala do río Nalón que viu cos seus pais e do que trouxo algunha foto.
Queremos velo como fixo este compañeiro.


Buscamos na web...
Comentamos o que vemos na imaxe: "río longo con moita auga e árbores polos lados....
Collemos cores e papel para ilustrar o río Nalón.

 Case unha copia exacta da imaxe que vimos na pantalla.
.............................................................................................................................................................


Neste caso imos rumbo a Pontevedra, a nosa primeira excursión. Queremos ver como será a nosa viaxe en bus: moi longa, curta....












Buscamos Cangas e logo intentamos buscar Pontevedra.


Na lámina colorean de azul o mar que veremos ó longo da nosa viaxe a Pontevedra e de verde a zona de terra.



 
Colocaron un gomet amarelo en Cangas, lugar de saída, e un gomet azul no noso destino.

................................................................................................................................................
Nova parada para buscar na web resposta á nosa curiosidade para averiguar como se chaman os filamentos dunha flor que atopamos no noso xardín mentras fotografiábamos a pranta.

Nesta imaxe descubrimos a información que as mestras nos axudan a descifrar....
Como nos quedou moi claro, tratamos de representalo graficamente.

..............................................................................................................................................................

 Facemos unha parada na nosa vila de Cangas para coñecer a obra literaria de OLI. Buscamos na web os títulos das máis coñecidas.

 Once damas atrevidas, Pirata pata de Lata.....con respeto a este último o recoñecen posto que xa o manexaron e o lemos na clase.
Anotamos os títulos para buscalos na nosa Biblio.

Queremos saber máis sobre o noso escritor cangués e por iso reparamos de novo nas imaxes para ver a que se adica, onde le os seus contos....Sin apartar a mirada da pantalla deciden facerlle unhas caricaturas...

- FOTOGRAFIAMOS......
Coa intención de que os nenos sexan autónomos na súa utilización para fotografiar a realidade, ofrecer a súa mirada a través dun obxectivo sobre todo cando fagamos as nosas saídas e retratar o que máis nos interese para traelo á aula.
Realizamos uns ensaios no noso xardín do cole para que libremente tomen contacto coa cámara e fotografíen libremente...
No momento que realizamos unha saída ó Muíño do Fausto, os nenos empregan as súas cámaras...


.................................................................................................................................................................

- EMPREGAMOS O ORDENADOR PARA COMPLETAR UNS VERSOS....

Trátase da creación dun libro seguindo a liña do orixinal, PAXARIÑA DE PAPEL. Entre todos na aula elaboramos un texto novo e que o completamos finalmente cun toque moi viaxeiro. Os nenos co apoio gráfico dunhas palabras que corresponde os versos finais do noso texto do conto, escribirán por parellas estas palabras co ordenador.
 O texto foise completando con moito esmero e finalmente puidemos gozalo con moito entusiasmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario