30 de outubro de 2015
En grupos de 5, imos buscar un encadre dende unha ventá do colexio para presentarnos.
Teremos en conta:
• Para comunicarnos: establecemos un modo de comunicación silencioso e suave entre os membros do grupo.
• Para decidir que ventá: pensar criterios*, facer probas do que se ve desde esa ventá e pensar se nos interesa.
• Para decidir o encadre: facer probas pensando que quedará dentro,
fóra, por que... Todos estamos atentos ó que aparece no visor.
Tiramos fotos dende os encadres acordados. Decidimos o encadre do noso plano.
Finalmente na clase escribimos un off para ese plano.
* Que queremos amosar para presentarnos (algunha visión que sexa
particular do CEIP A Rúa). Se vai saír o marco da ventá ou non. A que
hora filmar: que luz queremos, se vai soar o timbre, se van haber
nenos/as no patio ou non...
No hay comentarios:
Publicar un comentario