Esta vez a proposta era diferente á de Pelechian. Visionando o plano do mundo "El cielo gira" de Mercedes Álvarez, en pequenos grupos, tiñamos que imaxinar o off.
Había dúas consignas:
- Escribir unha frase sobre fondo negro.
- Escribir un texto para o audio.
Previamente, escribimos entre todos e todas consellos para facer o off:
Reflexionamos como facer un off
-
Non pode ser moi longo. Debe ser algo resumido.
-
Non pode ser excesivamente breve.
-
Podes falar da situación en que gravaches; lugar, hora, persoa retratada...
-
Soe falar de emocións. Nalgunhas ocasións é frío e distante (como en News from home).
-
Pode falar do/a cineasta na que te inspiraches.
Aquí recollemos os textos creados:
No hay comentarios:
Publicar un comentario