lunes, 7 de marzo de 2016
sábado, 13 de febrero de 2016
viernes, 12 de febrero de 2016
viernes, 29 de enero de 2016
COMO COIDAR DOS NOSOS ESPAZOS NATURAIS
OS NENOS DE 4 ANOS ELABORAMOS UNHA MONTAXE PARA CONCIENCIAR SOBRE O COIDADO E DISFRUTE DOS ESPAZOS NATURAIS DE CANGAS......OLLADE CON ATENCIÓN!!!
martes, 26 de enero de 2016
Montaxe compartida
28 de decembro 2015
Amencer, de Xaime
A última luz do día, de Teo
As miñas luces, de Mar
A cor do ceo e as formas das nubes, de Lúa
Vento e néboa, de Joel
Amencer dende a miña ventá, de Adri
Xa sabemos montar co VideoPad! Queremos contarvos como nos
organizamos para facelo. Ó principio os nenos que tiñan máis experiencia
en montar planos axudábannos ós que aínda non o fixéramos pola nosa
conta. Tivemos que tomar decisións entre os dous: que parte do plano
seleccionar, gravar o off e decidir onde iría, se tería título ou non,
como organizar as carátulas... Traballando entre dous sentímonos ben
porque aínda que algúns saben manexar o programa, explícannos pero nos
deixan facer.
Deixámosvos aquí os novos planos do mundo que editamos:- O paso do tempo, de Xoel
- Amencer, de Xaime
- A última luz do día, de Teo
- As miñas luces, de Mar
- A cor do ceo e as formas das nubes, de Lúa
- Vento e néboa, de Joel
- Amencer dende a miña ventá, de Adri
Amencer, de Xaime
A última luz do día, de Teo
As miñas luces, de Mar
A cor do ceo e as formas das nubes, de Lúa
Vento e néboa, de Joel
Amencer dende a miña ventá, de Adri
O CEIP A Rúa deséxavos un Bo Nadal
24 de decembro de 2015
A todos/as os que compartides connosco o Proxecto Cine en curso queremos desexarvos un Bo Nadal e un apaixonante ano de cine no 2016 que axiña comeza. Os nenos e nenas de 6º de Primaria do CEIP A Rúa creamos para vós esta felicitación inspirada nos planos da película Les quatre cents coups de François Truffaut que tivemos a grande oportunidade de ver no festival Novos cinemas en Pontevedra. Esperamos que vos guste! ;-)

Filmando o cotiá
2 de decembro 2015
Amencer, de Xoel
As nubes de cores, de Sarai
Amencer, de Sabela
Ceos galegos , de Héctor
Noite, de Elia
Dende a ventá, de Dani
Nubes e mar, de Anxo
Nubes, de Anxo
Ondas, gaivotas, vento, de Fabi
Estes son algúns máis planos do mundo que gravamos pola nosa conta e
montamos no cole xunto cos nosos compañeiros/as. Antes non lle dabamos
importancia ao cotiá, ao que vemos cada día: o ceo, as nubes, o mar, a
chuvia, a paisaxe... Agora é diferente porque nos gusta observar ao noso
arredor e filmar os pequenos detalles.
Hoxe compartimos con vós:- Amencer, de Xoel
- As nubes de cores, de Sarai
- Amencer, de Sabela
- Ceos galegos, de Héctor
- Noite, de Elia
- Dende a ventá, de Dani
- Nubes e mar, de Anxo
- Nubes, de Anxo
- Ondas, gaivotas, vento, de Fabi
Amencer, de Xoel
As nubes de cores, de Sarai
Amencer, de Sabela
Ceos galegos , de Héctor
Noite, de Elia
Dende a ventá, de Dani
Nubes e mar, de Anxo
Nubes, de Anxo
Ondas, gaivotas, vento, de Fabi
Correspondencia: Os nosos ceos
27 de novembro de 2015
Compañeiros e compañeiras de Bordils:
Compañeiros e compañeiras de Bordils:
Fíxonos moita ilusión recibir a vosa primeira correspondencia e, sobre todo, que vos inspirarades nas nosas Nubistas. Nós tamén decidimos filmar nubes para ensinarvos os nosos ceos galegos.
Inspirámonos, coma vós, en “As estacións” de Pelechian. Tamén na correspondencia de Mekas a Guerin, especialmente á hora de poñer o título escrito a man no cartel. Outro cineasta que nos serviu de inspiración foi Benning, en “Ten skies”, onde vimos as cores e como se movían as nubes. E, como non, As Nubistas.
Comezamos filmando nubes e ceos, cada un pola súa conta. Despois
visionámolos na clase e decidimos por consenso cales ían formar parte da
correspondencia. Cando fixemos a selección, ordenámolos como se fose o
transcurso dun día, dende o amencer ata o anoitecer. Tamén acordamos
incluír o cartel escrito a man. Finalmente, fixemos a montaxe en gran
grupo co VideoPad acompañados polo noso director, Ángel Santos.
Agardamos que vos guste.
Ata pronto!Diario dos espazos
23 de novembro de 2015
Compartimos con vos a choiva de Amanda, e as nubes de Lena dos seus planos de diarios de espazos.
Compartimos con vos a choiva de Amanda, e as nubes de Lena dos seus planos de diarios de espazos.
Plano dende a ventá do noso colexio
30 de outubro de 2015
En grupos de 5, imos buscar un encadre dende unha ventá do colexio para presentarnos.
Teremos en conta:
• Para comunicarnos: establecemos un modo de comunicación silencioso e suave entre os membros do grupo.
• Para decidir que ventá: pensar criterios*, facer probas do que se ve desde esa ventá e pensar se nos interesa.
• Para decidir o encadre: facer probas pensando que quedará dentro, fóra, por que... Todos estamos atentos ó que aparece no visor.
Tiramos fotos dende os encadres acordados. Decidimos o encadre do noso plano.
Finalmente na clase escribimos un off para ese plano.
* Que queremos amosar para presentarnos (algunha visión que sexa particular do CEIP A Rúa). Se vai saír o marco da ventá ou non. A que hora filmar: que luz queremos, se vai soar o timbre, se van haber nenos/as no patio ou non...

Imaxinando o off de "El cielo gira"
26 de outubro de 2015
Esta vez a proposta era diferente á de Pelechian. Visionando o plano do mundo "El cielo gira" de Mercedes Álvarez, en pequenos grupos, tiñamos que imaxinar o off.
Había dúas consignas:
- Escribir unha frase sobre fondo negro.
- Escribir un texto para o audio.
Previamente, escribimos entre todos e todas consellos para facer o off:
Reflexionamos como facer un off
Aquí recollemos os textos creados:

-
Non pode ser moi longo. Debe ser algo resumido.
-
Non pode ser excesivamente breve.
-
Podes falar da situación en que gravaches; lugar, hora, persoa retratada...
-
Soe falar de emocións. Nalgunhas ocasións é frío e distante (como en News from home).
-
Pode falar do/a cineasta na que te inspiraches.
Aquí recollemos os textos creados:
Imaxinando os planos do mundo de Pelechian
26 de outubro 2015
De fondo a música do fragmento de Pelechian. Moitos
escoitámola cos ollos pechados, quizais para concentrarnos mellor.
Entón, imaxinamos o lugar onde estaría rodado, que tipo de planos
formarían a secuencia e como estarían filmados. Fixemos a posta en
común. Foi moi enriquecedor: un mesmo off e 25 planos do mundo
diferentes. Amanda apuntou que había relación entre o imaxinario de cada
quen e a súa personalidade. Curioso! Tra-lo visionado, algúns
sentímonos sorprendidos. Gustounos que fose un "Filmador de nubes", como
as nosas nubistas.
Imaxinando os planos do mundo de Pelechian
Reflexións sobre "Les 400 coups" de Truffaut
28 de decembro de 2015
Tra-lo visionado da película de François Truffaut "Les 400 coups" no Festival "Novos cinemas", realizamos distintas actividades:
- Comentamos as nosas impresións, facendo especial fincapé nos aspectos cinematográficos. Para o cal, volvemos ver fragmentos da película.
- Lemos os comentarios que fixeron os nosos compañeiros de Bordils, que nos pareceron moi interesantes.
- Debuxamos un plano significativo para nós. Con todos eles elaboramos un pequeno libro e un cartel.
Estas son as nosas reflexións:

Suscribirse a:
Entradas (Atom)