lunes, 25 de mayo de 2015



        CLASIFICAMOS, REPRESENTAMOS GRAFICAMENTE E ANALIZAMOS A INFORMACIÓN DAS ENQUISAS


        Partindo das enquisas feitas polos nenos/as elaboráronse catro gráficos de barras, onde se rexistraron os seguintes datos:

                   1.- Os datos dos pais/nais (ou familiares con idade similar ós seus país/nais) que pasaron a súa nenez en Cangas.

2           2.- Os datos dos pais/nais (ou familiares con idade similar ós seus país/nais) que pasaron a súa nenez fóra de Cangas.

3           3.- Os datos dos avós/avoas (ou familiares con idade similar ós seus avós/avoas) que pasaron a súa nenez en Cangas.

4           4.- Os datos dos avós/avoas (ou familiares con idade similar ós seus avós/avoas) que pasaron a súa nenez fóra de Cangas.







Cada neno/a reflexou os datos da súa enquisa no gráfico.

Unha vez rematados os gráficos analizaron a información:

-          Cal era o xogo máis practicado polos seus país/nais?

-          E polos avós/avoas?

-          Existen grandes diferenzas entre os xogos practicados en Cangas e os practicados noutros lugares?

No hay comentarios:

Publicar un comentario